Allariz

Galicia

Allariz atopase Situado no occidente da provincia de Ourense, moi preto da capital da provincia, posúe un centro histórico dun encanto extraordinario, erixido con pedras gastadas polo tempo e cubertas de musgo.
Nesta localidade, de apenas 6400 habitantes, atopamos 6 igrexas medievais, catro cruceiros centenarios, pequenos museos,fermosas casa solariegas e un armazón de pequenas rúas empedradas nas que perderse por propia vontade.
Allariz foi declarado Conxunto histórico e artístico en 1971. Un patrimonio que as súas xentes souberon conservar e que recibiu o premio europeo de urbanismo no ano 1994 o que converte nunha das visitas máis suxestivas de todo o noroeste de España.
Xunto ao casco antigo serpentea con parsimonia o río Arnoia que ao seu paso por Allariz está flanqueado de xardíns e zonas verdes creando enclaves de gran beleza.
A 6 km de Allariz, atopase Santa Mariña de Augas Santas , conxunto historico artístico dende o ano 1963 e impresionante exemplo de como patrimonio , leda e natureza poden convivir nun espazo único.

Premio Mejor Pueblo Cultural

Allariz atesora un inxente patrimonio que va dende:
Igrexas Románicas:
Santiago
San Pedro
Santo Estebo
Santa María de Vilanova
Igrexas barrocas
Santa Clara e Real mosteiro de santa clara Fundado por dona Violante muller de Alfonso X. Conta co Claustro Barroco máis grande de España.
Santuario San Bieito
Fermosas igrexas do Románico rural coma SAnta MAriña de Augas santas ou San salvador dos penedos.
Casco historico declarado conxunto historico artístico no ano 1971 e restos da Marulla e CAstelo.
Fermosas casa solariegas con blasons e incribles balcóns.
Ponte románica de Vilanova s.XII
Rede Museistica:
Museo de arte sacro Convento Santa Clara(conta ca imaxe de marfil da virxe abrideira) só hai 3 na peninsula iberica.
Museo do xoguete
museo da moda
museo do coiro
Importante calendario de eventos e actividades relacionadas coa cultura:
festas etnograficas ( seitura, malla, moenda e fornada)
Festival de curtas de comedia(RIR)
Allariz Ilustrado (enconstro ilustradores)
Poemagosto (festival de poesía)
Flat (festival literario de Allariz)
Encontros Musicais
Danza
Roteiros Teatralizados todos os xoves de verán sobre a historia de Allariz
Festival internacional de Xardíns( único en españa) recolle cada ano baixo un mesmo tema propostas de paisaxistas de todo o mundo- aberto de Maio a Outubro.
Feira de artesanía e oficios tradicionais (Arte de Man)
Feira de Outono
Recuperación do Samain tradicional Galego




Bck to top